Donde pudieron aprender sobre algunas de las líneas de investigación más innovadoras que se están llevando a cabo en el centro, ver experimentos muy curiosos, así como tener la oportunidad de usar el material e instalaciones del mismo para la realización de una práctica (obtención de aspirina o paracetamol).
Aquí os dejo la noticia del 15 de diciembre de 2014 en El Correo Gallego:
Química para todos os públicos no Ciqus da USC
O Centro Singular de Química Biolóxica converte estes días
alumnos de instituto en científicos // O 16 e 17 celebra
xornadas de portas abertas a todas as idades
A descuberta de novos compostos
eficaces na mellora dos tratamentos de enfermidades e materiais con aplicacións
tecnolóxicas ou a procura de novos procesos de produción e almacenaxe de
enerxía son retos que teñen respostas na investigación química actual. Un mundo
complexo, pero ao que o público xeral tamén se pode achegar de forma amena. E
para facelo non fai falta ir lonxe. Nun dos límites do Campus Vida da
Universidade de Santiago, asomado á avenida do Mestre Mateo, o Centro Singular
de Química Biolóxica e Materiais Moleculares(Ciqus) traballa na vangarda da
química, un apaixoante mundo que estará accesible para todo o público os
vindeiros días 16 e 17 de decembro, martes e mércores, en dúas xornadas de
portas abertas.
A iniciativa forma parte do ciclo Ciencia Creativa para un Mundo Mellor, un ciclo de visitas que durante dúas semanas está a converter a estudantes de bacharelato de 15 centros educativos galegos en aprendices de científicos. Ao longo de dúas semanas pasarán polos seus laboratorios 430 alumnos de secundaria de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Narón, Salvaterra do Miño, Cedeira, Noia, Ames, Santa Comba, Ordes, Boiro e O Carballiño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario